Benquerida/o amiga/o
Desde Ais O Peto
, ante a complexa situación económica e sociopolítica na que nos atopamos, decidimos facer unha Xornada de Formación con Arcadi Oliveres
os días 20 e 21 de Xaneiro.
Venres 20 Xaneiro: En que mundo vivimos: Economía vs. Persoa
- 17:00 Charla-coloquio n`O Carballiño na Casa da cultura
- 20:30 Charla-coloquio en Compostela na Gentalha do Pichel*
(*) pendente de confirmar o CS. se non hai novidades celebrarase na Gentalha
Sábado 21 de XANEIRO en Compostela, na Galería Sargadelos
- 11:00 a 13:30: Economía ao servizo da persoa. Formación interna para socias de O Peto. (Aberto a interesadas).
- 17:00 a 19:00: A economía social, banca ética e solidariedade. Encontro entre persoas, movementos sociais, colectivos, asociacións, etc..., que traballan ou están interesadas neste campo da economía.
Para solicitar máis información e confirmar a túa asistencia podes escribir a: ais_opeto@hotmail.com / http://www.opeto.org/









