Vinagre balsámico de modena

É un tipo de vinagre de orixe italiana. Trátase dun vinagre obtido a base dunha mestura de viños, na que interveñen tanto viños tintos coma brancos. Dentro das súas características atopamos un sabor forte e lixeiramente doce e unha cor escura. O sabor deste vinagre realza os condimentos con sabor a froita, se se quenta desaparece a súa acidez e dozura. Consérvase ben mesmo unha vez aberto xa que a introdución de oxíxeno non deteriora o contido. Os sedementos atopados no fondo da botella non deben terse en conta como unha diminución da calidade, é un proceso natural deste vinagre.

Beneficios: Atribúeselle a propiedade de ser un remedio contra a reuma se o vinagre é aplicado por frotación coa parte afectada.

 

proxecto fiare galiza