Visita á Cuberta da Catedral de Santiago (Bioconstruír) / 11 de Febreiro

[Información enviada por Bioconstruír]

Bo día. Este correo é para informarte das actividades e eventos que levaremos a cabo proximamente en Bioconstruir, da man de Xulio Fernández Pazó.

O vindeiro domingo 11 de febreiro realizaremos unha visita á cuberta da Catedral de Santiago de Compostela para seguir experimentando as diferentes posibilidades que nos dá o Sentir.

Ésta é unha actividade familiar e aberta a todas aquelas persoas que teñan ánimo de compartir. A mesma está vinculada ao curso Patrones do Sentir
O ACCESO Á CUBERTA É DE PAGO CUN CUSTO DE 12€, POR ISO É NECESARIO INSCRIBIRSE NESTA ACTIVIDADE. 

Para realizar a inscrición nesta actividade é necesario enviar bioconstruir@bioconstruir.es o recibo de ter realizado o ingreso de 12€ por persoa na conta IBAN ES72 1491 0001 2220 7953 4521 de Triodos Bank. IMPRESCINDIBLE O ENVIO DO XUSTIFICANTE PARA RESERVAR PRAZA As persoas menores de 12 anos non pagan, mais debemos saber cantas veñen xa que hai un número máximo por grupo.

Para condicións particulares de pago, contacta comigo, Dolores Tobío, en bioconstruir@bioconstruir.es ou no teléfono 986090968.

Agradécese que compartades esta información con aquelas persoas que creades poidan estar interesadas.
 
Quedamos a túa disposición para resolver calquera dúbida.
 

 

proxecto fiare galiza