Bo día a todas e todos,
Este ano imos a organizar unha actividade sobre Cooperativismo e consumo.
A mesma celebraríase na aula A209 (zona Decanato) da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Uvigo o vindeiro 21 de marzo de 11.30 a 13:30 aprox.
O público destinatario sería alumnado de Dereito e do grao en RRLL e RRHH si ben trátase dunha xornada aberta a calquera persoa interesada. Por tal motivo, cando lle demos a aprobación defintiva ao cartaz, podedes remitilo a quen queirades.
A nosa idea é iniciar a xornada cunha conferencia xeral sobre dereito cooperativo por unha profesora de Porto (Deolinda Aparicio Meira) -45 minutos- e despois, a modo de mesa redonda, que persoas vencelladas co cooperativismo (Manolo González da Cooperativa Árbore, e Manuel Adame de Fiare Banca Ética) expliquen cada unha en 20 minutos máximo cómo se creou a cooperativa e a súa operativa. Despois haberá un turno para o oportuno debate.