Dende a Asociación Fiare Galiza presentan unha xornada formativa sobre o proxecto FIARE. De xeito xeral, trátase de coñecer a situación actual do proxecto e as perspectivas de futuro, para o que contaremos con unha persoa de FIARE estatal. A continuación, mediante o traballo en grupos, abordaremos tres tarefas que nos compre desenvolver dentro da asociación: a formación, a difusión e a participación no proxecto.
O día escollido é o sábado 1 de outubro, e o lugar será a Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño en Santiago de Compostela. No programa vai un mapa da situación. A xornada será de mañá e tarde. Podemos ir xantar a un restaurante próximo (O Paz Nogueira) que ten un menú de 12 euros. A idea inicial era que cada quen trouxese algo e facer un xantar compartido, pero por problemas de horario do lugar onde imos facer a xornada, non pode ser.
Existe a seguinte documentación para levar xa impresa. Se queres a documentación envía un correo a info@arbore.org
- Programa da xornada.
- Plan xeral de actuación 2011.
- Documentos de traballo.