Xornadas Bioconstrución / Vigo, 29 de Setembro

[Información enviada pola organización]
Ola!
Dende Enxeñería Sen Fronteiras convidámosvos ás II Xornadas de Bioconstrución que se levarán a cabo no IES Politécnico de Vigo.

As I Xornadas de Bioconstrución realizáronse na Universidade da Coruña en 2015, cunha alta valoración. A segunda edición levarase a cabo en Vigo a partir do xoves 29 de setembro do 2016, en colaboración co Departamento de Edificación e Obra Civil do IES Politécnico de Vigo.

As xornadas desenvolveranse ao longo de 6 semanas cun ciclo de  conferencias (no salón de actos do IES Politécnico de Vigo), un obradoiro de construción coa técnica do COB dun banco no xardín do centro e unha exposición de materiais, sistemas construtivos empregados en bioconstrución e fornos e cociñas solares, empregados como recurso didáctico para o aprendizaxe da enerxía solar, rematando cunhas visitas técnicas na zona de Vigo.

As conferencias e as visitas son de balde. O prezo do obradoiro inclúe material e seguro de responsabilidade civil. O obradoiro e as visitas técnicas teñen aforo limitado. Non vos quededes sen a vosa praza!

+info e inscricións en:

 https://xornadasbioconstrucionvigo.wordpress.com/

 

Animádevos a participar, e grazas por difundir!!

 

Un saudo,

Enxeñería Sen Fronteiras
https://esfgalicia.blogspot.com.es/
https://twitter.com/esfgalicia

AdxuntoTamaño
programa_xornadas_bioconstrucion_01.pdf330.17 KB
programa_xornadas_bioconstrucion_02.pdf268.84 KB

 

proxecto fiare galiza